OqueStrada

OQUESTRADA PROMOTIONAL PHOTOS

Na estrada desde 2002, OqueStrada canta Lisboa, pero é tamén unha banda suburbana que sabe das vivendas da Arrentela, da chegada dos alentexanos e algarvíos, das filharmónicas, dos cantares ciganos, do kuduro e o funaná, do hard metal e o gótico… No seu Portugal a periferia canta o mundo, cos pés no Texo e a vista en África, ao son dun fado emigrante que ten o desexo de partir para regresar. O seu disco Tasca beat é o resultado dunha odisea de sete anos en palcos variados, festivais de renome e bailes de verán, un musical á portuguesa onde conflúen ritmo e espectáculo.

Máis información en:
Web de OqueStrada
MySpace OqueStrada