
Unha actitude singular e un rexistro envolvente, versátil e inconfundible marcan a carreira de Viviane, unha das voces máis carismáticas da música portuguesa. O seu segundo álbum, chamado simplemente Viviane, bebe das linguaxes universais do fado e do tango para regalarnos once excepcionais cancións de amor e desamor. Once melodías que no fado buscan a profundidade da alma e do sentimento e no Tango descobren un lado máis xocoso e irreverente e once letras que retratan paisaxes urbanas de Portugal, Francia e Arxentina porque, para Viviane, “na música non hai fronteiras”.
Máis información:
Web de Viviane
Youtube Viviane
MySpace Viviane
