Nordesía

Toural

Toural

En novembro de 2017 acadamos, xunto con SITUM, S-REC e BALIDEA, a segunda anualidade de execución do poxecto e os obxectivos establecidos na planificación do mesmo. Así ao longo das dúas primeiras anualidades, logrouse dispor dunha plataforma innovadora de xeración de aplicacións móbiles personalizadas para feiras, congresos e eventos.Estas apps presentan unha serie de servizos aos seus usuarios como:

Na actualidade estase a traballar na posibildade de localizar activos, non soamentes persoas, sen necesidade de que dito activo teña asociado un smartphone.

TOURAL: tecnoloxías orientadas á ubicación, realidade aumentada e lincaxe para feiras, recintos y eventos culturais.

O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que permitan, usando aplicacións para dispositivos móbiles, a interacción total entre profesionais que asistan a feiras, congresos e eventos. Esta interacción permitirá poñer en contacto aos asistentes tanto entre si como cos organizadores dos eventos. Así mesmo, tamén permitirá o guiado e localización dos asistentes dentro e fóra do recinto onde se celebra a feira. As ferramentas complementaranse con visitas aos stands mediante o uso de tecnoloxías de realidade aumentada.

O proxecto servirá como proba para o sistema recomendador da start up galega S-REC, empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxías de recomendación de eventos e contactos profesionais.

Proxecto cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través do programa Conecta PEME para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

Logos Conecta Peme
Compartir: