Nas noites do xoves 23, venres 24 e sábado 25 de outubro haberá 18 concertos na Praza da Quintana, para os que saen á venda entradas a 20 euros cada noite (anticipada). Aínda se pode obter un bono de 55 euros para ver os demais espectáculos, ademais de na Quintana, no Auditorio Abanca, o Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia ou a Sala Capitol.



Maru Tang

Con outubro chega a Santiago Compostela a vixésima edición de WOMEX, a maior feira internacional das músicas do mundo, que vén de facer público o seu programa completo. Ademais, hoxe mércores 1 de outubro se poñen á venda as entradas individuais. Terá lugar do 22 ao 26 de outubro, e nela atoparanse 300 artistas, entre eles os galegos Uxía e Davide Salvado, ademais do zanfonista residente en Galicia Germán Díaz. 

WOMEX, ademais da feira profesional no recinto do Museo Centro Gaiás durante o día, abre ao público 45 concertos durante tres noites (xoves, venres e sábado), en diferentes espazos da Cidade Vella: Praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio Abanca e Sala Capitol, para os que seguen á venda os bonos a 55 euros. Este primeiro día de outubro saen á venda tamén as entradas individuais para os 18 concertos na Praza da Quintana, por 20 euros anticipadas, 25 na billeteira.

Nesta praza teñen lugar a maior parte dos concertos da selección oficial. O xoves 23 poderanse ver, no escenario A, a Raúl Rodríguez – Razón de Son, fillo da famosa cantante Martirio, que abre os concertos ás nove. Ás dez e media chegan, desde Honduras, Guayo Cedeño & Coco Bar, e xa ás doce é a quenda da agrupación chinesa Ajinai. No escenario B estarán os rusos Otava Yo, Spiro, desde o Reino Unido, e Mayito Rivera & The Sons of Cuba.   O venres 24 inauguran a noite no escenario A Sekouba Bambino (Guinea-Conakry/Francia), a quen seguirán Baloji (República Democrática do Congo / Bélxica) e Kuenta i Tambu (Curação/Países Baixos). No escenario B actuarán Džambo Aguševi Orchestra, de Macedonia, os etípes Ethiocolor, e Batida (Angola/Portugal).

Por último, o sábado 25 estarán no escenario A a estadounidense Orkesta Mendoza, o galego Davide Salvado e a israelí Ester Rada, mentres que no B actúan os mexicanos Troker, os colombianos Tribu Baharu e os tamén mexicanos Bostich + Fussible from Nortec Collective. 

As entradas para seis concertos cada unha destas noites custan 20 euros anticipadas, e custarán 25 na billeteira do Teatro Principal o mesmo día, de seis a nove da tarde.

SHOWCASES ABERTOS AO PÚBLICO

XOVES 23 de outubro

Concertos da Selección Oficial Auditorio Abanca
21:30 – 22:15 Cesária Évora Orchestra (Cabo Verde)
23:00 – 23:45 El Gusto Orchestra (Alxeria/Francia)
00:30 – 01:15 Ed Motta (Brasil) Praza da Quintana
21:00 – 21:45 Raúl Rodríguez – Razón de Son (España)
21:45 – 22:30 Otava Yo (Rusia)
23:15 – 00:00 Spiro (Reino Unido)
22:30 – 23:15 Guayo Cedeño & Coco Bar (Honduras)
00:00 – 00:45 Ajinai (China)
00:45 – 01:30 Mayito Rivera & The Sons of Cuba (Cuba)

Atlantic Connections | Teatro Principal
21:00 – 21:45 Custódio Castelo (Portugal)
22:30 – 23:15 Germán Díaz (Galicia) 00:00 – 00:45 La Chiva Gantiva (Colombia/Bélxica)

offWOMEX | Salón Teatro
21:45 – 22:30 Lleuwen (Gales)
23:15 – 00:00 Volosi (Polonia)
00:45 – 01:30 Rura (Escocia)

Venres 24 de outubro

Concertos da Selección Oficial
Auditorio Abanca
21:30 – 22:15 Noreum Machi (Corea do Sur)
23:00 – 23:45 Oum (Marrocos/Francia)
00:30 – 01:15 Maru Tarang (India/Australia)
Praza da Quintana
21:00 – 21:45 Sekouba Bambino (Guinea-Conakry/ Francia)
21:45 – 22:30 Džambo Aguševi Orchestra (FYR Macedonia)
22:30 – 23:15 Baloji (República Democrática do Congo / Bélxica)
23:15 – 00:00 Ethiocolor (Etiopía)
00:00 – 00:45 Kuenta i Tambu (Curação/Países Baixos)
00:45 – 01:30 Batida (Angola/Portugal)

Atlantic Connections | Teatro Principal
21:00 – 21:45 Korrontzi (País Vasco)
22:30 – 23:15 Uxía (Galicia)
00:00 – 00:45 Zoobazar (España)

offWOMEX | Salón Teatro
21:45 – 22:30 Paulo Flores (Angola)
23:15 – 00:00 Geng Wak Long (Malaisia)
00:45 – 01:30 Abavuki (Sudáfrica)

DJ Summit | Sala Capitol
01:00 – 02:30 Isa GT (Colombia/Reino Unido)
02:30 – 03:30 Rebel Up! Soundclash (Bélxica/Países Baixos)

Sábado 25 de outubro

Concertos da Selección Oficial
Auditorio Abanca
21:30 – 22:15 Kareyce Fotso (Camerún)
23:00 – 23:45 Lula Pena (Portugal)
00:30 – 01:15 Sondorgő (Hungría)
Praza da Quintana
21:00 – 21:45 Orkesta Mendoza (EUA)
21:45 – 22:30 Troker (México)
22:30 – 23:15 Davide Salvado (Galicia)
23:15 – 00:00 Tribu Baharu (Colombia)
00:00 – 00:45 Ester Rada (Israel)
00:45 – 01:30 Bostich + Fussible from Nortec Collective (México)

Atlantic Connections | Teatro Principal
21:00 – 21:45 Calima (Cataluña)
22:30 – 23:15 Sertanilia (Brasil)
00:00 – 00:45 La Yegros (Arxentina)

offWOMEX: Nordic Club | Salón Teatro
21:45 – 22:30 Dreamers' Circus (Suecia/Dinamarca)
23:15 – 00:00 Gjermund Larsen Trio (Noruega)
00:45 – 01:30 Tarabband (Iraq/Exipto/ Francia/ Suecia)

DJ Summit | Sala Capitol
01:00 – 02:30 Greg de Villanova (Francia)
02:30 – 03:30 Den Sorte Skole (Dinamarca)
03:30 – 04:30 DJ Marfox (Portugal)